INICIO INFORMACIÓN SERVICIOS OFERTA EDUCATIVA FOTOS ACTIVIDADES CONTACTAR

O colexio Divino Salvador celebrou a 11ª edición do seu Certame Literario "Letras de Babel". Curso 2020-2021

Co gallo do Día do Libro, o colexio Divino Salvador (Coruxo-Vigo) celebrou os días 29 e 30 de abril as cerimonias de entrega de premios do seu Certame Literario "Letras de Babel" que este ano acadaba a súa décimo primeira edición.

O xoves 29, recolleron o seu galardón os alumnos de 2°, 3°, 4°, 5° e 6° de Educación Primaria. Na categoría de 2° EP resultaron gañadores os rapaces: Miguel Gutiérrez, Adriana Mariño e Shamira García ("La pirámide", conto); Diego Almeida, Noa Fernández, Carmen Vázquez e Yago Represas ("El unicornio del rey", conto). Na categoría de 3° EP: Sara Rodríguez ("La voz", conto) e Uxía Piñón ("La mansión encantada", conto). Na categoría de 4° EP: Alma Valle ("El mejor día del mundo", conto) e Julia Varela ("El duende del bosque", conto). Na categoría de 5° EP: Ismael Novoa ("En busca de un nuevo hogar", conto) e Vera Giráldez ("La mansión encantada", conto). Na categoría de 6° EP: Diego Fernández ("¿Una pesadilla?, ¡quién sabe!", conto) e Sabela Álvarez ("A resurrección de Ramón", conto).

O venres 30, recolleron o seu galardón os alumnos de 1°, 2°, 3° e 4° da ESO. Na categoría de 1° e 2° da ESO, foi merecente do 1° premio (medalla de ouro) o relato "La nueva vida de Bonnie" de Keira Pérez Barca (1° ESO). O 2° premio (medalla de prata) foi para a alumna de 2° da ESO María Trigo González ("El tiempo perdido", relato). O 3° premio (medalla de bronce) recaeu na alumna de 2° da ESO Paula Misa Huidobro ("Falsas amistades", relato). Nesta categoría, o xurado decidiu outorgarlle un accésit ao relato "Campamento de verano", da autoría de Sofía Toyos Gómez (1° ESO).

Na categoría de 3° e 4° da ESO, obtiveron premio os traballos de Laura Parga López de 4° da ESO (medalla de ouro polo relato "Los pequeños detalles"); Belén Reyes Rivero de 4° da ESO (medalla de prata polo relato "El momento decisivo") e Lena Caballero Uhtoff de 3° da ESO (medalla de bronce polo relato "Dreamer"). Nesta categoría, o xurado decidiu outorgarlle un accésit ao traballo presentado pola alumna de 4° ESO Carla Sierra García ("Nuestra pésima niñera", relato).

O mesmo día 30, revelouse o nome da gañadora absoluta da XI edición de "Letras de Babel". Por decisión maioritaria, o xurado, composto por profesores do Centro, resolveu conceder o máximo galardón a Laura Parga López, alumna de 4° da ESO e autora do texto intitulado "Los pequeños detalles". O escritor Miguel Ángel Alonso Diz foi o encargado de facerlle entrega do galano á gañadora: un lote de libros e a xa tradicional "Parella lendo", peza en porcelana de Sargadelos.

O XI Premio "Letras de Babel" recaía en Laura Parga López. A nova escritora elaborou para o concurso un texto sorprendente pola súa madureza, vocabulario e ritmo narrativo. Nel, de xeito directo e punzante, fáisenos partícipes da tráxica experiencia vital dunha rapaza incomprendida, prisioneira no seu corpo de rapaz.

Os actos de entrega de premios víronse amenizados polas actuacións de Sara Fernández e Inés Alonso (2° ESO, pandeireta e voz), Blanca López (1° ESO, piano e clarinete), Daniel Rodríguez (1° ESO, voz), Pablo Menéndez (1° ESO, guitarra), Elías Prado (2° ESO, trompeta), Martín Gómez (2° ESO, voz), Zerihún Fernández (4° ESO, saxofón, cubo de Rubik), Susana Cid (1° ESO, violín), Tomás Prado (4° ESO, clarinete), María Pérez (1° ESO, clarinete), Miryam Fernández (2° ESO, voz), Martín López (3° ESO, cubo de Rubik), Brais Pérez (2° ESO, cubo de Rubik), Noa López e Martina Sierra (1° ESO, danza acrobática) e Haizea Bautista, Andrea Márquez, Gonzalo Chorén, Gala Riera, Ayelén Rouco, Belén Reyes, Luna Goberna, Laura Magaz e Andrea Rodrigálvarez (4° ESO, actor e actrices); todos eles alumnos do colexio.

As cerimonias dos 11° Premios Letras de Babel foron felizmente conducidas por Mara Fernández, Manuel Rivera (3° EP) e Uxía Ferrín, Martín Tombilla (6° EP); e por Laura Parga, Alba Guevara e Aloe López, alumnas de 4° da ESO.

Segundo os organizadores do certame, a cantidade e a calidade dos traballos presentados a concurso foi moi notable e, daquela, moi difícil o labor do xurado.

Tanto a directiva do colexio coma os profesores queren felicitar a todos os alumnos participantes, de xeito especial os premiados, animándoos a prodigarse na lectura e na escritura e, así mesmo, na aspiración de elevar a súa escrita á categoría de arte, con vistas, por exemplo, á vindeira edición de "Letras de Babel" que será a duodécima. A través do Certame Literario "Letras de Babel", o colexio Divino Salvador superou xa unha década formando e promovendo a súa canteira de escritores e artistas.


Premios: 2° de Educación Primaria.

1er Premio: Ouro. "La Pirámide", conto

Miguel Gutiérrez

Adriana Mariño

Shamira García



Diego Almeida

Noa Fernández

Carmen Vázquez

Yago Represas


Premios: 3° de Educación Primaria.

1er Premio: Ouro. "La Voz", conto

Sara Rodríguez


Uxía Piñón


Premios: 4° de Educación Primaria.

1er Premio: Ouro. "El mejor día del mundo", conto

Alma Valle


Julia Varela


Premios: 5° de Educación Primaria.

1er Premio: Ouro. "En busca de un nuevo hogar", conto

Ismael Novoa


Vera Giráldez


Premios: 6° de Educación Primaria.

1er Premio: Ouro. "¿Una pesadilla?, ¡quién sabe!", conto

Diego Fernández


Sabela Álvarez


Premios: 1° Ciclo ESO.


Sofía Toyos Gómez (1° ESOA)


3er Premio: Bronce. "Falsas amistades", relato

Paula Misa Huidobro (2° ESOB)


2do Premio: Prata. "El tiempo perdido", relato

María Trigo González (2° ESOB)



Keira Pérez Barca (1° ESOA)


Premios: 2° Ciclo ESO.


Carla Sierra García (4° ESOA)


3er Premio: Bronce. "Dreamer"

Lena Caballero Uhtoff (3° ESOB)


2do Premio: Prata. "El momento decisivo"

Belén Reyes Rivero (4° ESOA)



1er Premio: Ouro. "Los pequeños detalles"

Laura Parga López (4° ESOB)



GAÑADOR ABSOLUTO DE LETRAS DE BABEL 2019: "Los pequeños detalles"

Laura Parga López (4° ESOB)


 

REGRESAR

 


"Aviso Legal y Política de Privacidad"