INICIO INFORMACIÓN SERVICIOS OFERTA EDUCATIVA FOTOS ACTIVIDADES CONTACTAR

O colexio Divino Salvador celebrou a 9ª edición do seu Certame Literario "Letras de Babel". Curso 2017-2018.

Co gallo do Día do Libro, o colexio Divino Salvador (Coruxo-Vigo) celebrou na semana do 23 de abril a cerimonia de entrega de premios do seu Certame Literario "Letras de Babel" que este ano acadaba a súa novena edición.

O xoves 26, recolleron o seu galardón os alumnos de 3°, 4°, 5° e 6° de Educación Primaria. Na categoría de 3° e 4°, resultaron gañadores os rapaces: Martín Tombilla ("Un amor separado", relato), Uxía López ("La casa encantada", relato), Silvia Álvarez ("La vuelta al mundo en una semana", relato) e Nahom Campos ("Os megaliens", relato).

Na categoría de 5° e 6°, foron galardoados os alumnos Ismael García ("Un viaje a los 40", relato), Paula Misa ("Volver a empezar", relato), Bruno López ("El misterio de la montaña maldita", relato) e Ainhoa Magaz ("Los diamantes del hada", relato).

O venres 27, recolleron o seu galardón os alumnos de 1°, 2°, 3° e 4° da ESO. Na categoría de 1° e 2° da ESO, foi merecente do 1° premio o relato "Imaginaciones" de Inés González-Rey Puig (1° ESO). O 2° premio foi para a alumna de 1° ESO Julia Doval Caparrini ("El calendario", relato) e o 3° premio, para a alumna de 2° ESO Érica Abalde Alonso ("El tren de mi abuelo", relato). Nesta categoría, o xurado decidiu outorgarlle un accésit ao traballo presentado pola alumna de 2° ESO, Mª Eduarda Gomes Seleiro ("Dicen", prosa poética).

Na categoría de 3° e 4° da ESO, obtiveron premio os traballos de Denise Vázquez Comesaña (medalla de ouro polo relato "Cinco segundos más"); Marta Iglesias Prado (medalla de prata polo relato "Mariposas") e Alba Riera Vázquez (medalla de bronce polo relato "Este soy yo"). Nesta categoría, o xurado decidiu outorgarlle un accésit ao traballo presentado polo alumno de 3° ESO, Diego Rodríguez González ("Esperta, Galicia", poesía).

O mesmo día 27, revelouse o nome do gañador absoluto da IX edición de "Letras de Babel". Por decisión maioritaria, o xurado, composto por profesores do Centro, resolveu conceder o máximo galardón a Inés González-Rey Puig, alumna de 1° da ESO, autora do texto intitulado "Imaginaciones". A escritora María Oruña foi a encargada de facerlle entrega do galano á gañadora: un lote de libros e a xa tradicional "Parella lendo", peza en porcelana de Sargadelos.

O Premio "Letras de Babel" recaía este ano en Inés González. A novel escritora presentou a concurso un texto longo pero construído con boa prosa e ritmo narrativo. Nel contá,;senos a historia dunha nena que non é quen de superar o falecemento da súa nai. Unha relación cuxos lazos se estreitan máis alá da morte. O final é insospeitado.

Os actos de entrega de premios víronse amenizados polas actuacións musicais de Brais Sánchez (6° EP, violín), Cristina Müller (5° EP, piano), Jorge Figueroa (3° ESO, violín), Mar Fernández (2° ESO, piano), Alejandra Serantes (2° ESO, guitarra), Tomás Prado & Nuno Suárez "Dúo Numas" (1° ESO, clarineta/trompeta), Gabriel Barros (4° ESO, batería), Jorge Ruiloba (4° ESO, piano), e mais un espectáculo de maxia a cargo do mago Luk'a (Luca Riego, 4° ESO) e un ocorrente mon°logo a cargo de Elijah Pérez (4° ESO); todos eles alumnos do colexio.

Segundo os organizadores do certame, a cantidade e a calidade dos traballos presentados a concurso foi moi notable e, daquela, moi difícil o labor do xurado.

Tanto a directiva do colexio coma os profesores queren felicitar a todos os alumnos participantes, de xeito especial os premiados, animándoos a prodigarse na lectura e na escritura e, así mesmo, na aspiración de elevar a súa escrita á categoría de arte, con vistas, por exemplo, á vindeira edición de "Letras de Babel". O vindeiro ano, o certame literario do colexio Divino Salvador cumpre dez anos, unha década formando e promovendo a nosa canteira de escritores.


Premios: 2° Ciclo de Educación Primaria.

1er Premio: Ouro. "Un amor separado", relato

Martín Tombilla (3°A)


1er Premio: Ouro. "La casa encantada", relato

Uxía López (3°B)



Silvia Álvarez (4°A)


1er Premio: Ouro. "Os megaliens", relato

Nahom Campos (4°B)



Premios: 3° Ciclo de Educación Primaria.

1er Premio: Ouro. "Un viaje a los 40", relato

Ismael García (5°A)


1er Premio: Ouro. "Volver a empezar", relato

Paula Misa (5°B)



Bruno López (6°A)



Ainhoa Magaz (6°B)



Premios: 1° Ciclo ESO.

Accésit. "Dicen"

Mª Eduarda Gomes Seleiro (2° ESOA)


3er Premio: Bronce. "El tren de mi abuelo"

Érica Abalde Alonso (2° ESOB)


2do; Premio: Prata. "El calendario"

Julia Doval Caparrini (1° ESOA)


1er Premio: Ouro. "Imaginaciones"

Inés González-Rey Puig (1° ESOB)


Premios: 2° Ciclo ESO.


Diego Rodríguez González(3° ESOA)


3er Premio: Bronce. "Este soy yo"

Alba Riera Vázquez (4° ESOB)


2do Premio: Prata. "Mariposas"

Marta Iglesias Prado (4° ESOA)



1er Premio: Ouro. "Cinco segundos más"

Denise Vázquez Comesaña (3° ESOA)



GAÑADOR ABSOLUTO DE LETRAS DE BABEL 2018: "Imaginaciones"

Inés González-Rey Puig (1° ESOB)


 

REGRESAR

 


"Aviso Legal y Política de Privacidad"