INICIO INFORMACIÓN SERVICIOS OFERTA EDUCATIVA FOTOS ACTIVIDADES CONTACTAR

 

SALUDOS DE LA DIRECTORA
HORARIOS
PROYECTO EDUCATIVO
ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS
INSTALACIONES DEL CENTRO


 

 

 

 

 

 

 

 


 

O Ideario que promove o noso centro baséase nunha educación personalizada dos alumnos de maneira que cada un poida alcanzar o máximo desenvolvemento das súas capacidades e aptitudes, formar o seu propio criterio e consiga a madurez necesaria e os coñecementos necesarios para adoptar as súas decisións libremente e con sentido da responsabilidade. Formar persoas é o noso obxectivo, a través dunha educación integral dos alumnos nos aspectos formativos, creativos, artísticos, físicos e críticos partindo e respectando as súas propias potencialidades e capacidades.

Promovemos unha educación en valores completa, coherente á vez que humana e persoal. Todas as actividades realizadas no centro deben basearse no máximo respecto hacia a liberdade de conciencia e a tolerancia.Entendemos que, no contacto diario co profesor, os alumnos teñen o principal recurso educativo porque a educación debe ser humana e persoal. A relación de profesor e alumno sempre estará baseada no respecto.

Caracterízanos o trato cercano coas familias. Temos un carácter aberto e social, sen discriminación de ningún tipo, á libre elección dos pais, á vez que se ofrece como servizo a Coruxo e municipios cercanos para o seu desenrolo social e cultural.

Fomentamos, en cada actividade, a tolerancia, a convivencia, a paz, a liberdade e o respecto por todas as culturas e, en particular, pola nosa cultura galega. Para conseguir o desenvovemento pleno do alumno e poder transmitir coñecementos e valores, é imprescindible a disciplina. Educar en disciplina é educar no respecto a sé mesmo e aos demais, así como a consecución duns hábitos de traballo e capacidade de esforzo que permitan aos alumnos a consecución das metas que se propoñan. Valoramos e premiamos o esforzo e a excelencia.

Traballamos entendendo que a nosa actividade formativa e educativa considérase como delegada e colaboradora, non sustitutiva, da acción educativa familiar. O dereito e a responsabilidade sobre a educación dos fillos corresponde sempre aos seus pais ou titores legais, a quen o colexio axuda na súa tarefa de primeros educadores.
 
Fundado por D. Basilio Toyos Alonso, o colexio comenza a súa actividade docente en setembro de 1967 con soamente 6 unidades. Foi seleccionado coma centro experimental para a implantación e paso da Ensinanza Primaria a EGB (reforma de 1970). Foi declarado de Interese Social Preferente por un consello de Ministros e considerado pioneiro de innovacions pedagóxicas ( Real Decreto 1380/1981 Mayo). Na actualidada conta con tres edificios nun terreo de aproximadamente 9000 metros cadrados entre patios e pistas deportivas.
 

REGRESAR

 


"Aviso Legal y Política de Privacidad"