|
"Saída á praia. 5° E.Infantil". Curso 2021-2022
Co obxectivo de despertar a curiosidade polos seres vivos da praia, o alumnado de 5° Educación Infantil, realizou unha saída á praia da Fontaiña, que será o ecosistema
escollido para o proxecto " A nosa praia".
Resultou un interesante paseo, camiñando polos camiños rurais da contorna, onde poidemos observar como a primavera está florecendo nos prados.
Ó chegar a praia ,organizados por grupos de traballo, o obxectivo era buscar entre as rocas e as pochancas, ós seres vivos do ecosistema.
Outro dos obxectivos era a recollida de mostras para analizar, así como a recollida de residuos para reciclar.
Resultou unha estimulante xornada, na que xurdiron unha morea de preguntas sobre o protagonista do noso proxecto " Ramón, o mexilón", e ademais gozar da estupenda contorna do noso colexio.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A subida da marea nas aulas de 5° Educación Infantil. Curso 2021-2022
Co obxectivo de provocar o interese de cara ó proxecto A praia, o alumnado de 5° de E.Infantil, atopou a aula, transformada nunha praia arrasada pola marea, semellaba a subida do nivel
do mar, tras o asombro inicial o alumnado pasou á acción, explorando e manipulando os materiais expostos (area, algas, conchas, etc) despois xurdiu un extenso debate, con preguntas e
hipótesis sobre este gran acontecemento.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Sementeira das fabas. Curso 2021-2022
O alumnado de Educación Infantil, escolleu como proxecto da horta deste curso, a plantación das fabas,co obxectivo de experimentar durante case todo o curso o proceso de crecemento desta legume.
Comezamos no outono, realizando actividades previas na aula,buscando información interesante sobre esta legume e preparando as sementes, poñéndoas en remollo, para posteriormente realizar a sementeira na horta.
Como ben sabemos a cooperación entre as familias e os centros escolares teñen múltiples efectos positivos para ambas as partes. Nesta ocasión o acompañamento das familias foi algo máis que positivo. Compartimos
non só coñecemento senón tamén unha xornada onde alumnos e familias conviviron felizmente.
Xa habituados ás tarefas coa terra,a auga e o coidado das sementes, as tarefas na horta, resultan fáciles,divertidas e sobre todo moi pedagóxicas.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Obradoiro de Cestería. Curso 2021-2022
O alumnado de 5° Educación Infantil realizou na horta do colexio, un obradoiro de cestería. Un dos antigos traballos tradicionais, no que se emprega o follaco dos milleiros.
Os nenos e nenas moi concentrados trataron de trenzalo, observando as indicacións da señora Olimpia que nos agasallou coa súa experiencia e sabiduría.
Ela foi explicando como se sementa o millo e como,despois da recolleita se emprega o follaco,como recurso natural para a elaboración de cestiños, protexe manteis e incluso alfombras.
Os seus bisnetos Leo e Mauro foron contando as súas experiencias cando axudan á bisavoa Olimpia a sementar, regar e recoller o millo.
Unha xornada na que as tradicións, a ecoloxía,a natureza e a convivencia interxeracional, se converteron en pedagoxía e aprendizaxe.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
MAGOSTO 2021. Curso 2021-2022
O alumnado de Educación Infantil visitou a horta, co obxectivo de gozar da popular festa do Magosto, nun espazo natural, ó aire libre aproveitando a soleada tarde de outono.
Comezamos a tarde xogando con elementos naturais propios do outono, piñas, millo e noces,foron os protagonistas de xogos de puntería, de divertidas compeicións, etc.
Despois chegaron as castañeiras, ambientadas con vestimentas e obxectos antigos, que nos explicaron como antigamente se asaban as castañas, tamén traían un cesto que ía deixando un recendo delicioso a castañas asadas.
Todos os nenos e nenas poideron saborear esta rica tradición de outono, gozando en plena natureza.
Agradecemos á ANPA a súa colaboración nesta actividade.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
SAMAÍN 2021. Curso 2021-2022.
Durante a semana do 25 ó 29 de outubro as aulas de Educación Infantil, apareceron cheas de teas de araña, casas encantadas, meigas e cabaciñas, que fixeron que todos e todas vivenciaramos o tempo de Samaín
do xeito mais divertido e terrorífico.
Entre pócimas, xogos,e moitas manualidades gozamos dunha morea de actividades, nas que os protagonistas foron os seres fantásticos propios desta terrorífica festa.
Xa para rematar o venres 29 de outubro, todo o alumnado de Educación Infantil, gozou dunha mañá festiva,comezamos cun divertido baile, onde os cativos, xunto coas mestras poideron amosar os terroríficos disfraces.
A continuación,desfilamos e poidemos apreciar os detalles das vestimentas.
Xa nas aulas gozaron de terroríficas merendas e doces típicos destas datas.
Resultou moi positivo, poder ver ós compañeiros de outros niveis, e pouco a pouco sentir que voltamos á normalidade.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|