|
|
"I Torneo Escolar de Oratoria". Curso 2021-2022
Este curso, a Fundación Barrié puxo en marcha o I Torneo Escolar de Oratoria. En Educación Primaria formáronse dous equipos con alumnos de 3° e 4° de Primaria: Lucas Varela, Carmen Vázquez, Jael Gordo,
Nando Pino, Ainhoa Feijóo, Mateo Espejo-Saavedra, Daniela Durán e Ana Álvarez, con Manuela Arriola como suplente, e conducidos polos profesores Daniel e Javier.
As probas que había que superar eran catro:
O Elevator Picht, unha "charla de ascensor", na que había que falar dun de catro temas (o colexio, eu mesmo, a miña película preferida ou o verán).
Empoderar a un personaxe. A organización propoñía un personaxe e había que falar del, destacando aqueles puntos da súa biografía dignos de admiración.
A Pecera, improvisar a partir dunha palabra elixida ao chou. Coma se fosen peixes de distintas cores, nunha caixiña de cristal atopábanse diferentes papeis que contiñan conceptos e palabras do máis
particular. O orador escollía un e tiña que realizar unha improvisación con fluidez e peso.
E por último, a declamación dun discurso. Viaxar e coñecer a historia da man das palabras dalgún dos seus protagonistas. Había tres discursos posibles: unhas palabras de Jane Goodall,
un discurso de Michelle Obama, e o monólogo do profesor Keating de O club dos poetas mortos.
Non eran probas doadas, pero os nosos alumnos fixeron un traballo de dez. Foron quen de superalas todas e con nota. Non foi posible clasificarnos para a final pero dende logo a experiencia foi moi positiva.
|
|
|
|
|
|
|
Navidad 2021. 1° Ciclo educació,n Primaria. Curso 2021-2022
Chega decembro, chega o Nadal, onde a decoración volve ser moito máis pintoresca. Empezamos decorando as ventás , iluminadas con todas esas bombillas cheas de cores. As paredes empapeláronse de ilusión,
onde as personaxes máxicas fixeron a súa aparición.
As postais, os elfos, todo valeu para fomentar un soño novo nos nosos alumnos e alumnas cada mañá.
E chegou o día do festival, onde a música, a cor e a alegría foi a tónica predominate no patio do cole. Este ano contamos con pouco público, pero igual de de emotivo e divertido coma sempre.
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Sello de distinción europeo. Curso 2021-2022
A plataforma eTwinning, a comunidade de centros escolares de Europa, acaba de comunicarnos que o noso centro, por segunda vez, foi galardoado co Selo de Calidade Europeo. Esta distinción
recibímola polo proxecto "Stop Here", un proxecto no que participaron os nosos alumnos e alumnas de 3° de Primaria o curso pasado. O seu traballo leva polo tanto o máis alto recoñecemento europeo.
Estudantes de Romanía, Moldavia, Eslovaquia, Polonia, Macedonia, Turquía, Letonia, Hungría, Italia, Bulgaria e Ucraína compartiron con nós este proxecto, demostrando que para a educación non hai fronteiras.
Noraboa, polo tanto, a todos os nosos magníficos estudantes.
|
|
|
|
|
|
|