INICIO INFORMACIÓN SERVICIOS OFERTA EDUCATIVA FOTOS ACTIVIDADES CONTACTAR

ACTIVIDADES NÁUTICAS EN BEACH ESCOLAS. Curso 2020-2021

O pasado 16 de xuño, o alumnado de 4° de ESO tivo a gran sorte de gozar dunha xornada de convivencia participando nunhas actividades náuticas na praia do Vao ao tempo que puxo en práctica os seus coñecementos de inglés.

Os monitores, entregados e divertidos, mostráronlle á rapazada as distintas técnicas de navegación en Paddle Surf, kajak e catamarán.

A actividade durou tres horas e media, aproximadamente. Pasou o tempo rapidísimo: navegamos, bañámonos e participamos en carreiras na praia e regatas no mar. Pasamos unhas horas estupendas e afianzáronse os lazos de amizade.

Proyecto BIOXEOEXPO 3ª evaluación. Curso 2020-2021

En la tercera evaluación el alumnado de 1°ESO elaboró una exposición de árboles mediante la realización de carteles informativos que recogen las características e información de interés de cada una de las especies arbóreas. En las imágenes se observan los carteles ganadores por votación del alumnado.

¡Enhorabuena!

Práctica de laboratorio: observación de protistas. Curso 2020-2021

En esta práctica de laboratorio los/as alumnos/as de 1°ESO ha podido comprobar el fascinante mundo microscópico que contiene una gota de agua, un mundo totalmente desconocido y fascinante.

Para ello han tenido que aprender a manejar el microscopio y a identificar algas y protozoos. Una experiencia muy enriquecedora que amplia sus límites del conocimiento.

OS ALUMNOS DE ARTES ESCÉNICAS NO CUNQUEIRO!. Curso 2020-2021

Os alumnos de Artes Escénicas non se esquecen dos nenos e nenas da planta de pediatría do hospital Álvaro Cunqueiro. O noso proxecto solidario, Contos en acción!, segue abrendo camiños. Se non podemos representar contos no mesmo hospital, si somos quen de achegarnos virtualmente. Non sí? Así gravamos un contiño pequeniño pero moi doce: Enamorados. E xa en faena, decidimos falarlles da importancia (ou non) da lectura en Leer o no leer. Esa es la cuestión. Este divertido diálogo formou parte da celebración do noso certame literario Letras de Babel.

Esperamos arrincar un sorriso a toda a planta de pediatría e desexamos que, o vindeiro curso, poidamos vernos en directo!

O DIVINO SALVADOR NAS ONDAS. Curso 2020-2021

Desde o pasado 13 de maio o noso colexio "está nas ondas". Estreamos a RADIO ESCOLAR. Esta atópase na parte superior do edificio de secundaria nun espazo totalmente acondicionado para que o profesorado e o alumnado poidan facer alí as súas gravacións: entrevistas, podcasts, animacións teatrais e todo "o que se nos ocorra".

Esta estrea inaugurouse coas gravacións de dous podcasts titulados "Os mundos de Xela" e a "Santa Compaña" que participaron no concurso internacional organizado polo IES Rosalía Castro de Santiago de Compostela, baixo o título "O vello dos contos". A ver se hai sorte!

Non podemos esquecer a colaboración da ANPA para que este proxecto se levase a cabo.

A partir de agora o colexio Divino Salvador xa "está nas ondas".

"Día da Letras Galegas". Curso 2020-2021

Coma cada 17 de maio, e este ano máis ca nunca, traballamos durante toda a semana a celebración do "Día das Letras Galegas" facendo unha enriquecedora viaxe pola nosa cultura. Este percorrido xirou en torno a homenaxeada deste ano, Xela Arias, escritora, poeta e tradutora que viviu en Vigo a maior parte da súa vida, onde morreu aos 41 anos. Xa desde moi pequena amosou moito sentemento e compromiso coa nosa lingua.

Durante toda a semana o alumnado foi coñecendo a través de diferentes actividades nas aulas e no patio, a traxectoria de Xela: obradoiros de manualidades, xogos, vídeos e contacontos para os máis pequenos axudaron a coñecer a vida desta escritora.

Ao rematar, celebrouse un acto conxunto no patio en diferentes sesións, e cursos, debido á situación actual; comezouse por infantil, pasando por dous actos en primaria, e outros dous en secundaria onde o alumnado dramatizou a vida de Xela. Ademais contouse coa interpretación musical das pandereiteiras (Leyre, Sara e Uxía), e cunha melodiosa viaxe a través dos recitados de bonitas poesías desta autora que nos transportaron polas fermosas letras da nosa lingua.

O baile conxunto da peza "quen baila con quen" e o canto do noso himno, puxeron o punto final a esta festa ata o vindeiro ano.

LABREGOS ÚLTIMO MODELO. 4° ESO. Curso 2020-2021

Os alumnos da ESO estrearon a nova horta do noso centro: un inmenso invernadoiro de 25 metros con bancais para tódolos cursos. Ademais, contan cunha zona chill-out onde poden sentar, baixo unha ameixeira e unha figueira, a descansar despois do duro traballo no campo!

Nesta primeira xeira, os rapaces e rapazas plantaron leitugas, cebolas, tomates e xudías. Xa temos para unha boa ensalada! Pablo Pereira, o noso monitor, ensinoulles a plantar con xeito, poner canas-guía para algunhas plantas e a identificar os distintos aparellos que van a ter que manexar. Sempre cun sorriso e a infinita paciencia dun bo mestre. Boa colleita!

LABREGOS ÚLTIMO MODELO. 3° ESO. Curso 2020-2021

LABREGOS ÚLTIMO MODELO. 2° ESO. Curso 2020-2021

LABREGOS ÚLTIMO MODELO. 1° ESO. Curso 2020-2021

Proyecto de Laboratorio. Curso 2020-2021

Al final de la 2ª evaluación hicimos una práctica de laboratorio que consistió en diseccionar un pez ( un jurelo) e identificar sus órganos internos.

En general les gusto muchísimo al alumnado y entendieron el dicho "tienes menos memoria que un pez" (cerebro muy pequeño).

Proyecto BIOXEOEXPO. Curso 2020-2021

Este proyecto lo estamos realizando a lo largo del curso, y consiste en realizar una exposición sobre biología y geología mediante la elaboración de carteles (adaptándonos así al protocolo covid, ya que los carteles son en individual).

En la primera evaluación cada alumno/a hizo un cartel de un mineral y en la segunda evaluación un cartel de un animal vertebrado.

En cada evaluación se hizo un concurso para que cada alumno votase el mejor cartel (coevaluación). Por tanto, en la 1ª evaluación tuvimos 3 carteles ganadores (1 de cada clase) y en la 2ª evaluación tuvimos otros 3 carteles ganadores (1 por clase).

Profes por un día. Curso 2020-2021

Durante las últimas semanas trabajamos las funciones vitales de los animales a través de la tarea "Profes por un día", que consistió en que cada alumno/a le explicase a sus compañeros/as una parte del tema en cuestión.

CHARLAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA CON JUAN DÁVALOS. Curso 2020-2021

Os alumnos de 3° da ESO recibiron a primeira das charlas por parte do orientador, Juan Dávalos, na que se lles expoñían os diferentes itinerarios a seguir.

Neste caso, centrouse na Formación Profesional de Grao Medio e Superior. De un xeito claro e conciso, o orientador expuso os camiños que poden percorrer na formación profesional.

Na vindeira charla falarase do Bacharelato. Hai moito en xogo e para tomar a decisión correcta, hai que coñecer.

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA. Curso 2020-2021

O 10 de febrero (coincidindo coa semana do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia), e dentro do programa "Reconéceas", o alumnado de 4° de ESO tivo a gran sorte de participar na charla-obradorio (vía telemática), impartida por Amparo Alonso, catedrática computacional (UDC) , actualmente traballando en intelixencia artificial e antigua alumna do colexio.

O obxectivo principal desta iniciativa é dar visibilidade ás científicas en Galicia e achegar a ciencia a toda a sociedade a partir de referentes femininos.

Este obradoiro desenvolveuse a partir dunha pregunta que sería o eixo vertebrador da charla: cantas mulleres científicas coñecedes?

A presenza da muller na ciencia e as aplicacións da intelixencia artificial foron as preguntas na que se centrou o alumnado conseguindo desta forma una charla- obradoiro moi amena e dinámica.

OBRADOIRO DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS 2021.

Curso 2020-2021

Durante catro semanas os alumnos de 3° da ESO atenderon a un obradoiro de prevención de drogodependencias. Na primeira sesión, revisaron os coñecementos adquiridos sobre as substancias que provocan unha dependencia psicolóxica e física. Ao longo do mes de xaneiro de 2021, coñeceron novos compostos químicos, os seus efectos e consecuencias, así como os perigos do abuso na tecnoloxía dixital: redes sociais, vídeoxogos, móviles,etc. Descubriron os indicadores que converten unha afección nunha dependencia.

A capacidade crítica dos alumnos é unha ferramenta fundamental para recoñecer os perigos do mundo no que vivimos e previr calquer tipo de adicción. A traballadora social, Rocío, profesional especializada nesta área, soubo conectar cos nosos adolescentes e facelos pensar.

COÑECENDO O CENTRO DE FORMACIÓN PROFESIONAL COLEGIO HOGAR. Curso 2019-2020

O pasado 5 de marzo, os alumnos de 4° completamos a información sobre as nosas opcións de estudos ao rematar a ESO coa visita ao Centro de Formación Profesional Colegio Hogar Afundación. A súa oferta abrengue desde ciclos de grado medio, como Impresión en Artes Gráficas, Soldadura e Calderería ou Mecanizado, ata ciclos de grado superior como Automatización y Robótica Industrial ou Programación da Producción en Fabricación Mecánica.

Despois dunha pequeña presentación, dous profesores guiáronnos por os distintos obradoiros, aulas e salas onde os alumnos estaban a realizar exames, presentaban os seus proxectos, traballaban creando pezas ou deseñaban logos. Na Cociña Gráfica, nome co que se coñece o obradoiro de impresión dixital, amosáronnos un Fórmula 1 e un piano de cola deseñados en cartón. Dous estudantes de 2° de Robótica, antigos alumnos do noso centro, presentarónnos o proxecto que estaba avaliar o seu profesor. No obradoiro de mecánica, estaban perfeccionando as pezas dunha impresora 3D.

En contacto permanente con empresas, o profesor, sinalounos o perfil de traballador máis demandado por elas : non buscan aquel que ten o mellor expediente académico, senón a actitude máis positiva cara ó traballo.

CICLOS FORMATIVOS DE PRETO. Curso 2019-2020

Co remate da ESO comeza unha nova etapa para os alumnos, etapa na que deberán decidir que facer na súa vida académica. Coa idea de intentar clarexar esta opción a aqueles que todavía se amosan indecisos, o 17 de febreiro os nosos alumnos asistiron a unha charla sobre os ciclos medios e superiores de FP. O encargado de impartirla foi Ramón, un docente cunha longa traxectoria neste eido no Colexio Montecastelo.

O ponente comentou o abano de posibilidades que teñen os nosos alumnos ó remate da ESO. Fixo especial fincapé nas saídas profesionais de cada un dos ciclos e as conexións existentes entre as distintas familias profesionais. Subliñou o aumento da demanda de determinados ciclos formativos, a escasez de prazas e a importancia de superar as materias en xuño.

Outro punto do que tratou foi da existencia da Formación Profesional Dual, unha modalidade que combina formación nun centro e nunha empresa, cun traballo remunerado e cotizando na Seguridade Social.

Na quenda de preguntas, os alumnos foron precisos tentanto solventar as súas dúbidas. A atención e bo comportamento foi excepcional.

4° DA ESO EN EDUGAL, O SALÓN DE EDUCACIÓN EN GALICIA. Curso 2019-2020

O pasado trece febrero, os alumnos de 4° da ESO achegámonos a EDUGAL en Pontevedra: o salón educativo de referencia galego. Na súa novena edición, reuniu no Recinto Feiral, un total de 56 stands que amosaban diferentes opción de formación: as tres universidades galegas, diferentes escolas de Artes e Oficios, como a de cantería ou a de moda, as forzas armadas, facultades, academias de inglés, centros de Formación Profesional, fundacións, empresas colaboradoras da FP Dual, etc.

Os nosos alumnos recibiron información de primeira man e pudieron experimentar e coñecer un pouco máis de preto as diferentes ofertas educativas. Asistiron tamén ás diferentes charlas e obradoiros propostos ao longo da mañá. Comprenderon que teñen o seu alcance un mundo de posibilidades no que mergullarse para escoller o seu futuro profesional.

REGRESAR