QUE QUEREMOS?

Potenciando as indiviualidades de cada alumno ou alumna, cunha formación integral, queremos formar persoas autónomas, con capacidade crítica, comprometidas consigo mesmas e coa sociedade que lles rodea.

Sobre nós

O ideario que promove o noso centro baséase nunha educación personalizada dos alumnos de maneira que cada un poida alcanzar o máximo desenvolvemento das súas capacidades e aptitudes, formar o seu propio criterio e consiga a madurez necesaria e os coñecementos necesarios para adoptar as súas decisións libremente e con sentido da responsabilidade. Formar persoas é o noso obxectivo, a través dunha educación integral dos alumnos nos aspectos formativos, creativos, artísticos, físicos e críticos partindo e respectando as súas propias potencialidades e capacidades.

Promovemos unha educación en valores completa, coherente á vez que humana e persoal. Todas as actividades realizadas no centro deben basearse no máximo respecto hacia a liberdade de conciencia e a tolerancia. Entendemos que, no contacto diario co profesor, os alumnos teñen o principal recurso educativo porque a educación debe ser humana e persoal. A relación de profesor e alumno sempre estará baseada no respecto.

""
""

Proximidade

Caracterízanos o trato cercano coas familias. Temos un carácter aberto e social, sen discriminación de ningún tipo, á libre elección dos pais, á vez que se ofrece como servizo a Coruxo e municipios cercanos para o seu desenrolo social e cultural.

Fomentamos, en cada actividade, a tolerancia, a convivencia, a paz, a liberdade e o respecto por todas as culturas e, en particular, pola nosa cultura galega. Para conseguir o desenvovemento pleno do alumno e poder transmitir coñecementos e valores, é imprescindible a disciplina. Educar en disciplina é educar no respecto a sé mesmo e aos demais, así como a consecución duns hábitos de traballo e capacidade de esforzo que permitan aos alumnos a consecución das metas que se propoñan. Valoramos e premiamos o esforzo e a excelencia.

Traballamos entendendo que a nosa actividade formativa e educativa considérase como delegada e colaboradora, non sustitutiva, da acción educativa familiar. O dereito e a responsabilidade sobre a educación dos fillos corresponde sempre aos seus pais ou titores legais, a quen o colexio axuda na súa tarefa de primeros educadores.