EXTRAESCOLARES

O colexio Divino Salvador ten, como un dos seus obxectivos principais, fomentar o  desenvolvemento integral de todo o alumnado. Para iso, pon a disposición das familias un completo programa de actividades extraescolares.

Esta formación complementaria, ademais de conseguir unha maior motivación do alumno para aproveitar as súas capacidades ao máximo, facilitaralle a consecución de habilidades que nun futuro axudarano a enfrontarse a un ambiente cada vez máis esixente.

Porque cada alumno é diferente, adaptamos o proceso de aprendizaxe ás necesidades e capacidades de cada un, realizando un seguimento persoal de cada neno/a.

Para que as diferentes actividades propostas lévense a cabo, requírese un número mínimo de participantes. Ao mesmo tempo establecerase tamén un número máximo para cada actividade.

""

As baixas das actividades deberán ser comunicadas antes do día 20 do mes anterior, se non, aboarase o mes completo. Para o asesoramento sobre as cuestións que poidan xurdir en relación á nosa oferta extraescolar, pódese contactar a través do e-mail: marta@divinosalvador.com

A inscrición nas diferentes actividades poderase realizar dende o 11 ata o 22 de setembro de 2023, a través da plataforma ESEMTIA

""

CIRCO

As actividades circenses estimulan a confianza, concentración, perseveranza, seriedade, disciplina, superación persoal etc. Durante o curso faremos malabarismos, equilibrios, acrobacias, interpretación, expresión corporal, xogos musicais e dinámicas de grupo, etc.

QUEN?: Educación Infantil e Primaria.

CANDO?: Xoves. Mediodía e de 17 a 18h.

IMPORTE: Un día á semana 23€/mes.

""

XADREZ

O xadrez esixe unha gran concentración polo que o noso cerebro se ve sometido a unha  actividade que axuda ao desenvolvemento mental dos nosos alumnos e alumnas.

QUEN?: 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e Secundaria.

CANDO?: Martes ao mediodía.

IMPORTE: Un día á semana 20€/mes.

""

TEATRO

Nesta actividade, os alumnos e alumnas non so comprenderán o valor da posta en escena, se non que tamén comezarán a comunicarse mediante movementos e xestos corporais, creando un clima entretido e divertido.

QUEN?: 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria e Secundaria.

CANDO?: Xoves ao mediodía.

IMPORTE: Un día á semana 20€/mes.

""

GUITARRA

O alumnado aprenderán a tocar a guitarra dunha maneira divertida e entretida e poderán tocar as súas cancións preferidas.

QUEN?: Educación Primaria e Secundaria.

CANDO?: Venres ao mediodía ou xoves pola tarde.

IMPORTE: Un día á semana 20€/mes.

""

JUMPING CLAY

Crea, imaxina e divírtete coa mellor arxila. Traballa e mellora a observación e a concentración, ademais estimula a imaxinación e a creatividade. Aprende a traballar sobre a proporción, a simetría, planificación de tarefas, etc. Inclúe material e accesorios empregados.

QUEN?: Educación Infantil e Primaria.

CANDO?: Ao mediodía. Os mércores para Infantil e os xoves para Primaria.

IMPORTE: Un día á semana 26€/mes.

""

PINTURA

Nesta actividade traballase a aproximación á linguaxe do debuxo e a pintura, a través dun primeiro contacto cas técnicas e os materiais e a comprensión e desenvolvemento da actividade artística de cada idade, espertando a imaxinación a través dun traballo lúdico.

 QUEN?: Educación Infantil e Primaria.

CANDO?: Luns e venres ao mediodía.

IMPORTE: 34€/mes co material incluído.

""

FÚTBOL SALA

O fútbol sala fomenta o traballo en equipo, o esforzo e compromiso ademáis de desenvolver a súa condición tanto física como mental mediante tácticas de xogo.

QUEN?: Educación Primaria.

CANDO?: Mércores de 17 a 18:15h.

IMPORTE: Un día á semana 20€/mes.

""

BALONCESTO

O baloncesto fomenta como deporte de equipo os valores da amizade, o respecto, a disciplina e o compañeirismo, así como o desenvolvemento básico da condición física e o traballo en equipo.

QUEN?:

  • 1º e 2º EP (martes e xoves de 14 a 15h).
  • 3º e 4º EP (mércores e venres de 12.30 a 12.20h).
  • 5º e 6º EP (mércores e venres de 14 a 15h).
  • Secundaria (xoves e venres de 16 a 17h).

CANDO?: Luns e venres ao mediodía.

IMPORTE: 36€/mes.

""

XIMNASIA ACROBÁTICA

Actividade deportiva que favorece moito o desenvolvemento da expresión postural e linguaxe corporal de todo o alumnado.

QUEN?: 5 anos, Educación Primaria e Secundaria.

CANDO?: Luns ao mediodía.

IMPORTE: Un día á semana 20€/mes.

""

PATINAXE

A patinaxe é un deporte moi completo e importante no desenvolvemento do equilibrio e da coordinación. Ademais, favorece o oído musical e a expresión corporal. Non se recomenda patín en liña.

QUEN?: Educación Infantil e Primaria.

CANDO?: Luns de 17 a 18:30h.

IMPORTE: Un día á semana 20€/mes.

""

BAILE MODERNO

O baile ten un papel fundamental no desenvolvemento da expresión e creatividade dos nosos alumnos e alumnas favorecendo o oído musical e desenvolvendo a linguaxe corporal.

QUEN?: Educación Infantil, Primaria e Secundaria.

CANDO?: Martes de 17 a 18:00h.

IMPORTE: Un día á semana 20€/mes.

""

YOGA

Este deporte é un dos máis recomendados polos amplos beneficios que outorga, entre eles, favorece a flexibilidade e a coordinación dos movementos.

QUEN?: Educación Infantil e Primaria. 

CANDO?: Martes de 17 a 18:00h.

IMPORTE: Un día á semana 20€/mes.

""

NATACIÓN

Esta actividade ten como propósito principal o achegamento dos nenos/as á música a través de xogos e prácticas rítmicas, desenvolvendo e exercitando a motricidade xeral con técnicas sinxelas e divertidas.

  • Do 01 de outubro 2023 ao 31 de xaneiro 2024. (Respectaranse os períodos de vacacións escolares).
  • Do 1 de febreiro 2024 ao 31 de maio 2024. (Respectaranse os períodos de vacacións escolares).

LÍMITE 18 PRAZAS POR ESTRICTA ORDE DE ENTREGA DE SOLICITUDE (Requirese un número mínimo de 15 participantes).

QUEN?: Educación Infantil (fora do periodo lectivo).

CANDO?: Martes de 15 a 16h.

ONDE?: Piscina MaisQueAuga

IMPORTE: 160€/cuatrimestre.

""

TAEKWONDO

O Taekwondo é unha arte marcial con tres aspectos ben diferenciados: deporte, formación e defensa persoal. Polo seu alto valor pedagóxico, o taekwondo divulgouse como un deporte moi aconsellable para nen@s e adolescentes. Favorece a auto confianza e axuda a vencer a timidez ao canalizar a vitalidade desbordante característica da infancia. Ao mesmo tempo mellora o desenvolvemento muscular xeral e o equilibrio nervioso.

QUEN?: Educación Infantil, Primaria e Secundaria.

CANDO?: Luns de 17 a 18h.

IMPORTE: Un día á semana 20€/mes.

""
""

Nesta actividade foméntase da forma máis divertida o uso da ciencia e a tecnoloxía. Tamén experimentan coa forza e o movemento, o equilibrio e a estabilidade mediante os recursos de LEGO® Education®, potenciando desta maneira a creatividade, innovación, emprendemento e a eficiencia.

QUEN?: Educación Primaria.

CANDO?: Mércores ao mediodía.

IMPORTE: Un día á semana 35€/mes.

""
""

Esta é a nova actividade de estimulación en desenvolvemento infantil que fomenta o gusto por aprender intuitivamente xogando tanto mental como fisicamente, estimulando simultaneamente múltiples intelixencias para desenvolver todo o potencial do nen@. Actividade parcialmente en inglés, conta con material Lego Education® e emprégase a psicomotricidade e a intelixencia emocional.

QUEN?: Educación Infantil.

CANDO?: Mércores ao mediodía.

IMPORTE: Un día á semana 22€/mes.

""
""

Nesta actividade foméntase a construción de vehículos eléctricos dunha forma divertida, traballando cos últimos avances de construción mecánica da marca Infento, fomentando desta maneira a creatividade e a innovación. Unha vez construído poderán montalo e gozalo. Ao longo da actividade construiranse diferentes modelos, finalizando cun coche eléctrico monopraza que servirá para competir.

QUEN?: Educación Secundaria.

CANDO?: Mércores de 16 a 17:30h.

IMPORTE: Un día á semana 45€/mes.

""

ACTIVE KIDS ENGLISH

Co obxectivo de mellorar a práctica activa do inglés, tanto a nivel oral coma escrito, poñemos a disposición do alumnado ao mellor profesorado especializado traballando o idioma mediante diversas actividades lúdicas como cancións, rimas, contos, manualidades e teatro. Se traballa a expresión oral, o vocabulario, a gramática, o oído, a lectura e a escritura sen seguir un libro.

QUEN?: Educación Infantil e Primaria.

CANDO?: Martes e xove, de 14 a 15h.

IMPORTE: 42€/mes (material incluído).

""

CURSO OXFORD

Curso de preparación de examines Oxford para acreditación A1, A2, B1 y B2.

QUEN?: Educación Secundaria.

CANDO?: Mércores de 16 a 17h.

IMPORTE: 30€/mes.