QUEN SOMOS?
O COLEXIO
DIVINO SALVADOR
é un centro de ensinanza privado concertado sen vinculación política nin relixiosa. Fundado en 1967 por Basilio Toyos Alonso mantén o seu compromiso cunha ensinanza integral e de calidade para lograr a excelencia académica. Tamén consideramos vital o proceso de adaptación de cada alumno en particular, neste sentido o noso equipo de profesorado realiza un traballo diario de asistencia ao alumnado, respectando as características individuais de cada un deles, reforzando a súa confianza e axudándolles a recoñecer as súas fortalezas.
Caracterízanos o trato cercano coas familias
Temos un carácter aberto e social, sen discriminación de ningún tipo, á libre elección dos pais, á vez que se ofrece como servizo a Coruxo e municipios cercanos para o seu desenrolo social e cultural.
FORMAN PARTE DO COLEXIO
- O alumnado, que se sinte identificado cos valores promulgados polo colexio.
- Un claustro altamente cualificado, comprometido co colexio e implicado co seu alumnado.
- As familias, sempre implicadas e identificadas coa liña educativa do colexio.
- Unha rede de relacións persoais baseadas no respecto mutuo entre todos os membros da comunidade educativa.
- Unha metodoloxía pedagóxica en permanente actualización cos medios humáns e tecnolóxicos necesarios para alcanzar os mellores resultados.
- Unhas instalacións que favorecen un ambiente propicio para a aprendizaxe.