BLOGS DO COLEXIO
Tal é a importancia actual dos blogues na educación que xa se acuñou un novo termo, os «edublogs», os cales conteñen ligazóns a sitios web con recursos educativos, artigos sobre educación, información sobre o desenvolvemento das clases etc.
Os blogues educativos están compostos por materiais, experiencias, reflexións e contidos didácticos, que permite a difusión periódica e actualizada das actividades realizadas na escola.
Os blogues educativos permiten ao profesorado a exposición e comunicación entre os distintos actores da comunidade educativa, potenciando unha aprendizaxe activa, crítico e interactivo.