SERVIZO DE COMEDOR
Se queres moita mais información do menú e recomendacións, fai clic aquí.
O comedor escolar do Colexio Divino Salvador comenzou a funcionar de xeito ininterrumpido fai 40 anos, aproximadamente. Dispón de cociña propia onde se elabora a comida diariamente, caseira e sen uso de ultraprocesados, por persoal especializado. Anexo e, separado da cociña, está a zona do comedor. O persoal da cociña é quen de servir a comida ós rapaces que, ademáis, son vixiados por coidadores e profesores.
Os menús son elaborados polo propio centro coa supervisión dun especialista en dietética e nutrición. Os menús constan de dous pratos, postre e leite e se elaboran menús especiais no caso de necesidades médicas.
Asemesmo cúmprese coa normativa APPCC (Análise de puntos críticos) que vixia o cumprimento de normas de seguridade e higiene.
No noso documento de Normas do Comedor tedes toda a información ao completo relacionada co servizo.
Este servizo comeza o primeiro día lectivo de setembro e finaliza o último día lectivo de xuño.
Os pais poden contratar este servizo unha vez formalizada a matrícula. Dentro das características de interese deste servizo para a familia están:
Comida elaborada no propio centro baseada nunha dieta variada.
- O menú está aprobado e supervisado pola Consultoría Nutricional Galega CONUGA.
- Tres quendas de comedor separados por idades.
- Adquisición de bos hábitos alimenticios.
- Os nenos ata 4 anos durmirán a sesta vixiados por unha coidadora.
- En todas as quendas hai varias coidadoras cuxa función é a de vixiar que os nenos coman adecuadamente, vixiarlles e garantir unha conduta adecuada tanto dentro como fóra no patio.
- Aos pais informaráselles de todos os aspectos anteriores a través da plataforma dixital usada polo centro «Esemtia»