ESCOLA INFANTIL
Que é a escola infantil?
A nosa escola infantil vai dirixida os nenos e nenas de dous a tres anos.
Neste momento tan crucial para o seu crecemento é fundamental que teñan unha experiencia positiva e enriquecedora que facilite o seu desenvolvemento integral a nivel cognitivo, motriz, social e afectivo.
A escola infantil ten como obxectivo ofrecer aos nen@s afecto, estima, confianza, apoio, e un contorno axeitado para que desenvolvan os diferentes aspectos da súa personalidade.
Un espazo para experimentar e buscar respostas á sua curiosidade, un lugar para descubrir, explorar e observar potenciando o interese cara ó seu contorno.
Cómo aprenden?
O xogo, a súa curisosidade innata, a imaxinación, o interés son os principais protagonistas do seu aprendizaxe.
A nosa metodoloxía básase na estimulación temprana, sensorial e motora potenciando as suas funcións cerebrais e capacidades.
Ofrécese un ambiente preparado de maneira exclusiva para eles nun clima acolledor, de cariño, de confianza e seguridade o que fai que os nenos e nenas o vexan como un segundo fogar e vivan con éxito o seu primeiro contacto ca vida escolar.
Contamos cun equipo altamente cualificado con dúas profesionais con experiencia e en continua formación, que poñen todo o seu corazón no seu traballo.
Relación coas familias
A relación coas familias é participativa valorando que se sintan implicadas, intercambiando experiencias, criterios e opinións sobre a educación dos peques. Utilízanse diferentes canles como a plataforma educativa Esemtia, conversas nas entradas e saídas…