SECRETARÍA
Servizo de Administración e Secretaría
Dende a secretaría atenderemos tódalas demandas relacionadas con:
- Información xeral do centro.
- Solicitude de admisión a Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e reservas de praza.
- Matrícula: solicitude, baixas e renuncias, exencións, traslados…
- Solicitude de Títulos.
- Certificacións Académicas e de matrícula: podes solicitalos por teléfono ou vía mail, e tentaremos emitilos para o día seguinte.
- Bolsas e axudas.
- Plataforma Esemtia.
A Secretaría do centro permanece aberta de luns a venres para atención ao público no seguinte horario:
De outubro a maio de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00, xuño e setembro de 9:00 a 14:00 e o resto do curso de 9:00 a 14:00.
Desde o 14 de xullo e ata o 13 de agosto, a secretaría permanece pechada por descanso vacacional.
Contáctanos no 986.490.320 ou no enderezo info@divinosalvador.com