HISTORIA DO COLEXIO

Fundado por D. Basilio Toyos Alonso, o colexio comenza a súa actividade docente en setembro de 1967 con soamente 6 unidades.

Foi seleccionado coma centro experimental para a implantación e paso da Ensinanza Primaria a EGB (reforma de 1970).

Tamén foi declarado de Interese Social Preferente por un consello de Ministros e considerado pioneiro de innovacions pedagóxicas (Real Decreto 1380/1981 Maio).

Na actualidade, o centro conta con tres edificios nun terreo de aproximadamente 9000 metros cadrados entre patios e pistas deportivas.